A Sostibilidade como alternativa
Ao longo da década dos 80 toma forza a idea de que o ritmo de utilización dos recursos non renovables do planeta estaba a crecer sen control. Neste contexto, no ano 1987 a Comisión Mundial sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento de las Nacións Unidas publica o informe "O noso Futuro Común" (Informe Brundtland) onde identifica a converxencia entre o medio ambiente e o desenvolvemento coma o problema central que será necesario abordar nas próximas décadas.
Segundo este Informe, a sostibilidade é "satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen comprometer a capacidade de satisfacer as necesidades deas xeracións futuras". Para elo é necesario ter en conta a triple dimensión, ambiental, social e económica de este concepto.
Para resolver un problema social, ambiental ou económico é necesario que todos os factores que afectan ao problema se integren na solución, de acordo col pensamento holístico do desenvolvemento sostible.
É preciso un cambio de valores e actitudes, unha conciencia colectiva de que cada acto individual cotián ten un impacto na natureza, contribúe a un determinado tipo de relacións sociais, e polo tanto inflúe nunha determinada dirección sobre o noso futuro.
A Paisaxe en Galicia
Unha das principais características de Galicia é a súa riqueza paisaxística. A súa situación xeográfica no planeta, a proximidade do océano e a existencia das altas serras orientais, unha contrastada morfoloxía, os milleiros de ríos que sucan este territorio, a presenza de rochas graníticas e louseñas, así como un variado mosaico climático e unha elevada diversidade biolóxica, configuran unha riqueza paisaxística única e irrepetible.
Paisaxe é calquera parte do territorio tal e como a percibe a poboación, cuxo carácter sexa o resultado da acción e da interacción de factores naturais e humanos.
A situación actual, derivada dunha mudanza súpeta nos usos e nos costumes das xentes como consecuencia do tardío desenvolvemento socioeconómico no século XX, tivo como consecuencia unha forte degradación das paisaxes en áreas moi concretas do noso territorio.
A Comunidade Autónoma de Galicia é hoxe consciente da importancia das nosas paisaxes e do deber que temos en preservalas, porque se trata dun recurso patrimonial incuestionable que participa do interese xeral nos aspectos ecolóxicos, culturais, económicos e sociais. A paisaxe proporciona o marco idóneo na súa concepción holística para abordar a comprensión e a análise do territorio, das políticas de desenvolvemento sostible necesarias para a súa posta en valor e dos procesos ecolóxicos que nel teñen lugar.
SERVIZO DE PROMOCIÓN E PARTICIPACIÓN DA SOSTIBILIDADE
. Elaboración de estratexias e
programas que contribúan a conseguir o apropiado nivel de desenvolvemento sustentable, o establecemento das medidas necesarias para a súa efectiva implantación e aquelas que fomenten a participación cidadá.
.
Impulso , promoción, desenvolvemento e coordinación das iniciativas adoptadas por entidades públicas e privadas creadas para o establecemento das estratexias de desenvolvemento sustentable.
. Análise en colaboración coas distintas consellerías e con outros organismos públicos e privados de indicadores relacionados co desenvolvemento sustentable así como apoio técnico á difusión, comunicación e formación en materia de sustentabilidade das actuacións desenvolvidas pola Xunta de Galicia.
. Impulso, coordinación e seguimento da elaboración das iniciativas e programas de sustentabilidade local,
Axendas 21 locais impulsados pola consellería, así como a xestión de proxectos destinados á creación de
núcleos de sustentabilidade para a concreción na aplicación das directrices e plans de ordenación de ámbito autonómico.
. Coordinación e impulso de proxectos de cooperación externa para a implantación do desenvolvemento sustentable.
. Promoción, deseño, execución e seguimento de programas, accións e actividades formativas de concienciación para a sustentabilidade dirixidas ao conxunto da sociedade.
. Elaboración e promoción de programas e módulos tendentes á integración do medio ambiente e da sustentabilidade no currículo educativo das ensinanzas regradas para os efectos da súa proposta á Administración educativa e fomento da implantación das
Axendas 21 escolares nos centros educativos.
. Estudo do conxunto das actividades de educación ambiental desenvolvidas polas diferentes consellerías e organismos públicos da comunidade autónoma.
. Revisión, execución, seguimento e perfeccionamento da estratexia galega de educación ambiental.
SERVIZO DE PAISAXE
. A protección, xestión e ordenación da paisaxe.
. Impulso da cooperación con todas as administracións públicas con competencia no territorio, especialmente coas administracións locais, co fin de promover o desenvolvemento de políticas comúns, debidamente coordinadas e programadas, que aseguren o cumprimento dos fins de protección, xestión e ordenación anteriormente sinalados.
SERVIZO DE ORDENACIÓN TERRITORIAL
. A elaboración e tramitación administrativa das
directrices de ordenación do territorio e os restantes instrumentos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio, que se formulen por iniciativa desta consellería.
. A programación da política de ordenación do territorio e do litoral.A elaboración e tramitación administrativa
do Plan de ordenación do litoral previsto pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
. A coordinación coas restantes consellerías ou outros organismos ou entidades para a formulación dos seus correspondentes plans ou
programas de carácter sectorial con incidencia sobre o territorio, así como o seguimento, arquivo e rexistro dos instrumentos de ordenación do territorio aprobados.
. A elaboración de
informes respecto dos demais instrumentos de ordenación do territorio previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio, cando así se exixa de acordo coa devandita lei e a normativa de instrumentos que a desenvolvan.
SERVIZO DE COORDINACIÓN E INFORMACIÓN TERRITORIAL
. Elaboración, mantemento e actualización da información xeográfica e cartografía necesaria para o desenvolvemento dos estudos da consellería, así como a xestión das encomendas da Xunta de Galicia, ou administracións relacionadas con esta materia.
. Coordinación e
difusión da información xeográfica e cartográfica necesaria para o desenvolvemento dos estudos territoriais das diferentes consellerías e organismos públicos da comunidade autónoma, así como o apoio técnico á difusión e formación de actuacións en materia de información xeográfica desenvolvida pola Xunta de Galicia ou en coordinación con ela.
. Xestionar os sistemas de información corporativa vinculados ao territorio a partir das bases de datos cartográficas e espaciais existentes na consellería e o resto de organismos da Xunta de Galicia que así o demanden, así como calquera outra información que poida localizarse sobre o territorio e que sexa susceptible de ser incorporada coa súa referencia xeográfica para a creación da Infraestrutura de Datos Espaciais.